Piden deter a demolición do cargadoiro de mineral de Rande

A asociación Rande Patrimonio Europeo abre unha petición en change.org

8/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
28 lecturas | Compartido 0 veces

Cargadoiro de mineral "Cotto Wagner". Foto: ARPE

No estreito de Rande reúnense toda unha serie de elementos patrimoniais que fan que a Asociación Rande Patrimonio Europeo estea a tentar declaralo como "Selo de Patrimonio Europeo", unha declaración para "promover e preservar os bens culturais que desempeñan unha función esencial á hora de comprender a memoria e a historia europea". Agora, a asociación está a promover unha campaña de sinaturas en change.org para evitar a demolición do cargadoiro de ferro "Cotto Wagner", que é a "última das grandes infraestruturas construídas en Rande". Foi construído para dar saída ao mineral galego entre 1960 e 1965 e pechado nos anos 70 durante a crise enerxética. En setembro de 2019 o Porto de Vigo aprobou a demolición do cargadoiro e nestes momentos o procedemento atópase en estión administrativa. A asociación pide "o apoio da cidadanía para impedir a súa demolición e realizar propostas de conservación e posta en valor".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares