O Porto de Vigo aproba a demolición do cargadoiro de Mineral de Rande

O Concello de Redondela reclama a conservación deste elemento catalogado de patrimonio industrial

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cargadoiro de Rande en 2009. Fotografía de Xurxo Constenla. Fonte: Asociación Buxa

Cargadoiro de Rande en 2009. Fotografía de Xurxo Constenla. Fonte: Asociación Buxa

O consello do Porto de Vigo aprobou iniciar o proceso para demoler o cargadoiro de mineral de Rande, a alegar o seu estado ruinoso e a existencia de amianto na estrutura. Este elemento de patrimonio industrial foi construído nos anos 60 e servía para embarcar ferro e carbón da empresa Minero Siderúrxica de Ponferrada. A alcaldesa de Redondela, concello en cuxos terreos está a instalación, denunciou que o cargadoiro está incluído no catálogo de patrimonio cultural da Xunta e reclamou a súa recuperación. O concello leva anos a reivindicar o legado industrial da Ría de Vigo e puxo en marcha o centro de interpretación Meirande nas proximidades do cargadoiro, ademais de reclamar un proxecto de restauración e posta en valor do conxunto.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Concello de Redondela, Ría de Vigo