A Rede Galega de Teatros e Auditorios reinicia este veres a actividade en Muros coa que será a primeira función tras o confinamento e aÃnda baixo o Estado de Alarma. O pano erguerase este venres, 5 de xuño, ás 18.00 horas, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros Cultura da man da compañÃa carballesa Galeatro CompañÃa de Teatro, que representará a obra Carabela, escrita por Paula Carballeira e protagonizada por Alba Bermúdez, Tone Martinez e Davide González. Coincide que Carabela xa foi a primeira estrea teatral do 2020 na escena galega e agora volve a ser a primeira en volver ás táboas. Este espectáculo conta a historia de Carabela, cociñeira dun barco, que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. A entrada será de balde cun aforo máximo de 50 persoas e seguindo as normas estipuladas pola RGTA é obrigatorio facer reserva previa (cultura@muros.es, no teléfono 981762294 ou nas oficinas do Centro Cultural de Muros de 8.30 h. a 14.00 h.). Tamén é obrigatorio levar máscara de protección (a excepción de casos especiais).