Galeatro abre a tempada de estreas con 'Carabela' de Paula Carballeira

O Pazo da Cultura de Carballo acolle este domingo a primeira representación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Galeatro abre a tempada de estreas con 'Carabela' de Paula Carballeira

A primeira estrea teatral da escena galega en 2020 será a da obra infantil Carabela, da compañía carballesa Galeatro. A compañía estrea en casa, no pazo da Cultura de Carballo este domingo ás 18:00 horas este espectáculo escrito por Paula Carballeira que conta a historia de Carabela, cociñeira dun barco, que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. As personaxes están encarnadas por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Davide González, quen tamén se encarga da dirección, desta proposta para público familiar que inclúe unha mensaxe sobre o necesario coidado do medio ambiente. O espectáculo fai parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paula Carballeira, Pazo da Cultura de Carballo, Espectáculo, Davide González...