O galego perde peso na web global

Galicia confidencial analiza estatísticas globais sobre linguas e contidos en Internet

| Santiago. Redacción | Seccións: Internet
Compartir:

O xornalista Alberto Quián publica en Galicia confidencial unha análise das estatísticas recollidas por W3Techs, un servizo que presenta estatísticas diarias de uso de tecnoloxías, servizos, sistemas de publicación de contido ou linguas a partir de metadatos recollidos nunha mostra representativa dos 10 millóns de sitios web máis populares, de acordo con varias webs de indicación de tráfico como Alexa. Os datos amosan unha tendencia de caída da presenza do galego en Internet, cando menos no nivel de sitios web máis visitados en termos cuantitativos. Nestes momentos ocuparía o posto 61 de linguas máis usadas, caendo doce postos. Atópase no grupo de idiomas que representan menos do 0,1% dos contidos da rede. A Galipedia tamén perde peso, baixando do posto 47 ao 50 nas linguas con máis entradas. E o dominio .gal tamén ten un número inferior ao doutras comunicades culturais e lingüísticas como a vasca, a catalana, a bretoa ou a galesa.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Lingua galega

Claves