O alumnado remata ESO con menos competencia en galego ca en castelán

Os galegofalantes posúen un dominio máis homoxéneo nas dúas linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Nunha escala do 1 ao 5, os alumnos galegos de 4º de ESO teñen un dominio do galego escrito do 2,77 fronte a unha puntuación de 3,04 en castelán. Á hora de se expresar de xeito oral, as capacidades achéganse, e sitúanse nunha nota do 3,66 en galego e de 3,77 en castelán. O Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela presentaba onte o estudo que realizou por encarga da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Entre outros datos, a análise amosa que o estudantado galegofalante posúe un dominio máis homoxeneo das dúas linguas do que aquel que se expresa en castelán, que amosa máis dificultades para o facer en galego.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESO, Educación, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...