Un xornalista que estudiou economía está a dirixir a Oficina Europea para a Linguas Minorizadas, a maior organización do continente no seu eido, con presencia nos órganos da UE e da ONU. Bojan Brezigar pasou estes días polos Encontros para a Normalización do Consello da Cultura, e explicounos como ve a situación das linguas menos empregadas, sen aforrar críticas ás institucións europeas.
¿Vostede é xornalista, o seu o seu coñecemento sobre linguas minorizadas é autodidacta?
Si, autodidacta pero lendo moitos libros e estudiando moito, participando en moitísimas conferencias... Tanto que agora hai quen me considera unha das persoas máis expertas nas linguas minorizadas en Europa e sempre teño conferencias en Universidades porque non hai cursos específicos para os problemas de linguas minorizadas, diversidade lingüística e política europea sobre as linguas. Eu estudiei economía, pero nunca a empreguei porque sempre me gustou o traballo non xornal. Cando eu estudiei non había en Italia cursos universitarios para xornalistas.
¿Como coordina o seu traballo coa dirección da Oficina?
Son director dun xornal e non teño que estar na oficina seis ou sete horas por día. Teño que organizar o traballo e o contido e controlar o xornal, ver que non haxa problemas políticos... E isto podo facelo cando non estou a través do teléfono ou co ordenador. Pero cando estou en Trieste traballo unhas doce ou catorce horas ó día. E o ano pasado utilicei trinta días das miñas vacacións para traballar na Oficina Europea. A miña familia non esta moi feliz por iso, pero quédame un ano e medio máis para rematar este meu segundo mandato e teño que rematalo.
“OS MEDIOS EN LINGUAS MINORIZADAS SON FUNDAMENTAIS PORQUE LEVAN A LINGUA DENTRO DA FAMILIA”
Dirixe vostede un xornal en esloveno, ¿como ve o futuro dos medios de comunicación en linguas minorizadas?
Os medios en linguas minorizadas son fundamentais. Porque levan a lingua dentro da familia. Maioritariamente dise que é moi importante que a lingua se fale na escola, pero esa é sempre unha lingua algo artificial, en todos os idiomas. Non é a lingua falada. A lingua falada é a que se fala co mecánico, co perruqueiro, ó falar do tempo, do fútbol... E a xente precisa a terminoloxía, e non é unha cousa que se poida estudiar, sábelo ou non o sabes. E só podes sabelo se hai unha información diaria sexa polo xornal, pola televisión e a radio ou por Internet, que estea na terminoloxía xusta cos termos novos e as palabras que se precisan. Deste xeito a lingua é unha lingua viva.
Está vostede implicado na creación dunha Axencia de Noticias en Linguas Minorizadas
É un proxecto da Oficina Europea que comezou hai tres anos. Vimos que en Europa se fala moito sobre linguas minoritarias pero fálase moito de principios pero non se coñecen as prácticas comunitarias. Non se coñece todo o que pasa dentro das institucións europeas no mesmo intre en que se dan e se discuten os problemas. Temos a carta europea, temos a convención marco, pero non sabemos o que pasa despois. Nós pensamos que sería moi importante ter unha axencia de noticias que nos dea a nivel europeo unha visión xeral do que pasou hoxe ou do que pasou onte coas linguas minorizadas. É unha axencia pequena, cun só xornalista empregado e logo correspondentes por toda Europa. No Estado Español hai un correspondente en Cataluña. É moi difícil porque non hai moitos xornalistas que poidan escribir ben en inglés.
Vostede non é optimista sobre a situación das linguas minorizadas en Europa
Penso que máis ben son realista, eu son optimista por natureza, pero a situación non é a mellor, agora non hai unha política europea sobre as linguas minorizadas nin sobre as linguas en xeral. Hai só un dereito europeo que establece as linguas oficiais, pero iso non é unha política. E non hai unha política porque os estados non a queren. Penso que iso é unha falta, penso que para falar de diversidade lingüística a nivel europeo, a UE tería que facer algo máis. A diversidade lingüística é un principio moi importante, o termo de linguas minorizadas é un termo que non nos convence. ¿Por que o catalán, falado por dez millóns de persoas é unha lingua minorizada e o finlandés que o falan catro millóns non o é? O problema é xurídico dentro dos estados e de principios a nivel europeo. E agora cos novos estados que se van incorporar á Unión haberá moitas novas linguas. É un problema acadar que se manteña a cultura europea, o patrimonio cultural europeo. A diferencia de Estados Unidos, onde había o ‘melting pot’, unha lingua, unha cultura estándar dentro do continente, aquí é todo diferente. Todas as rexións e todos os pobos teñen a súa cultura, e esa é a riqueza de Europa, a súa diversidade cultural e lingüística, e hai que mantela. Os europeos van aceptar o Euro. Van aceptar o tratado de Schengen, pero non van aceptar un estándar cultural. Non van aceptar que desde maña Bruxelas decida qué se come ou como se fala en Europa.
¿A ampliación ós países do leste vai provocar mudanzas na política da UE de cara ás linguas?
Si, penso que vai provocar mudanzas, pero temo que sexan para peor, porque a maioría das futuras incorporacións son estados que acadaron recentemente a independencia: Estonia, Letonia, Lituania, Chequia, Eslovaquia e Eslovenia. E teñen un forte contido nacionalista, e é normal porque o desenvolvemento que os estados da Europa Occidental fixeron desde a Revolución Francesa, co nacemento do Estado Nacional e despois as guerras mundiais e despois o nacemento da UE, todos estes estados están facéndoo en dez anos. E acontece que a xente que loitou pola independencia está aínda viva, nos parlamentos. E é difícil que estas persoas acepten como normal ceder parte das competencias do estado á UE. Penso que durante os primeiros dez ou quince anos cos novos estados a situación dentro de Europa nesta materia será peor, porque estes estados non quererán deixar competencias sobre cultura e lingua á UE.
”SE NOS TRATADOS DA UE SE BUSCA ‘LINGUAS MINORIZADAS’ NON SE ATOPA NADA”
¿E no caso de que cedan esas competencias a UE poderá responder?
Si pode facelo, pero agora carece dun instrumento xurídico. Se se collen os tratados da UE e se poñen no ordenador e se busca “linguas minorizadas”, “linguas minoritarias”, “linguas rexionais” ou “diversidade lingüística”, non se atopa nada. Non hai. É un problema que non existe na actualidade dentro do ordenamento da UE. E iso hai que cambialo. A Convención que traballa agora en Bruxelas pode facelo, pero penso que non o vai facer por estes problemas, tanto cos estados novos como con algúns dos estados que xa están integrados na UE.
Entón a incorporación destes estados pode paralizar a posta en marcha destas políticas
Si, nun primeiro período vai influír, non direi que negativamente porque sobre o que non existe non se pode influír negativamente, pero non vai mellorar a situación. Penso que dentro de dez quince anos analizarase que é un problema moi serio e propio dos estados e que é tamén un problema europeo.
¿Cre que cómpre que mude o modelo político europeo para que mude a actitude con respecto ás linguas?
Vai nacer a Constitución Europea, e penso que nela vaise poñer a Cara de Dereitos Fundamentais da UE que aprobou no cumio de Niza por un cincuenta por cento de votos a favor. Aínda que se aprobou non se fixo parte dos tratados, e penso que agora vaise incorporar sen mudanzas. E nesa carta está o artigo 22 que establece por primeira vez nun documento internacional que a diversidade lingüística, cultural e relixiosa é un dereito fundamental. Sobre iso a UE vai ver cales son as posibilidades técnicas de traballar sen contradicir a política dos estados, pero debemos saber que o poder e a forza a UE téñena aínda os estados.
“A UE DEBERÍA TER UN ESTÁNDAR MÍNIMO OBRIGATORIO PARA TODOS OS ESTADOS SOBRE PROTECCIÓN DE LINGUAS MINORITARIAS”
¿Que medidas concretas reclama vostede para protexer axeitadamente as linguas minorizadas da Unión?
Hai dous niveis. A un nivel de soño, o que queremos pero que non é polo de agora realista, pensamos que a UE debería ter un estándar mínimo obrigatorio para todos os estados sobre protección de linguas minoritarias. Por exemplo o estándar que xa existe dentro da Convención Marco da Protección de Minorías Nacionais do Consello de Europa, que é un estándar oficial, non é algo que nos inventemos nós agora. E despois cómpre unha capacidade de exercer un control sobre a activación deste estándar, como se fai coas vacas tolas, cos transportes, co mercado libre, coa agricultura... en todos os sentidos. Dun xeito máis realista, o que é posible e o que solicitamos agora é que se acepte dentro dos tratados o principio da diversidade lingüística, como está escrito na Carta de Niza. Iso é o primeiro. O segundo é que modifiquen o artigo 151, sobre a cultura, que desde hai anos está bloqueado porque necesita da unanimidade de todos os estados. E xa non se pode acadar esa unanimidade agora, aínda hai que imaxinalo cando sexan vintecinco os estados. Con isto a Convención Europea podería desenvolver algunhas iniciativas. Despois parécenos necesario que, se o artigo 22 da Carta de Niza vai ser parte dos tratados europeos, se faga un artigo específico que explique como vai solucionar a UE este problema. E aquí esta claro que os estados non van aceptar unha política impositiva, pero hai que desenvolver cando menos unha política propositiva. Organizar programas e proxectos e outorgar subvencións para protexer a diversidade lingüística a quen o queira facer. Porque o principio xeral da UE é distribuír o diñeiro para equilibrar a situación onde hai un desequilibrio moi grande. E aquí haino porque hai algunhas linguas que o teñen todo e outras que non o teñen nada. Mesmo hai linguas en Europa sen un estándar escrito, e hai que facelo porque hai un desequilibrio moi grande, esas linguas para sobrevivir precisan axuda da UE.
¿A ameaza para as linguas minorizadas vén máis da UE ou dos propios estados?
Non, a ameaza para as linguas minorizadas non vén da Unión Europea. A ameaza polos estados é maioritariamente unha ameaza pasiva. A maioría dos estados non desenvolven unha política de asimilación lingüística. O que acontece é que non fan de abondo para manter e desenvolver esas linguas. E as linguas morren porque non se empregan, porque non existen, porque non hai programas de computador nin suficiente emprego da lingua nos medios e non se incentiva a xente a falalas. Se a unha familia do leste de Alemaña, onde vive a comunidade soraba, pónselles a posibilidade de estudiar alemán e sorabo ou alemán e inglés, van coller o inglés. Cando se fan estas distincións os estados matan as linguas. Hai que traballar moito e hai que desenvolver unha política moi propositiva e moi próxima do que xente precisa realmente. Non é unha cuestión de principios, é unha cuestión de necesidades.
“O TRABALLO MÁIS IMPORTANTE QUE FIXO A OFICINA DE LINGUAS MINORIZADAS FOI A CREACIÓN DE REDES DE CONTACTOS”
¿Como ve a evolución da Oficina de Linguas Minorizadas nos seus vinte anos de existencia?
Eu entrei na oficina hai dez anos, entón non coñezo de primeira man os primeiros pasos. Pero hai vinte anos en Europa non había nada, a xente non se coñecía, non había comunicación entre os falantes de linguas minorizadas. Para min este é o traballo máis importante que fixo a Oficina. Agora hai moitas redes: redes de lingüistas, de sociolingüistas, de xornalistas, de educadores... E todo iso funciona. Agora acadamos crear un sistema de información de linguas minorizadas en Europa. Hai dez anos se alguén de Galicia precisaba contactar cun lingüista de Gales ou de Frisia chamaba á nosa oficina e nós xestionabamos o contacto. Agora todo isto é normal e os contactos funcionan. Un segundo traballo da Oficina é o Centro de Información. Temos un centro moi pequeno en Bruxelas, cunha biblioteca, e recibimos arredor de dúas mil consultas anuais de informacións, e aínda que non teñamos todo alá, se a alguén lle interesa como está organizado o sistema educativo na comunidade sami, en Finlandia, nós en dous ou tres días temos esta información nunha lingua que se entenda a nivel europeo. Unha rede que envía información sobre as linguas é moi útil porque incrementa a consciencia do problema en Europa. E traballamos deste xeito con xornalistas, políticos, educadores, estudiantes... Despois hai publicacións, conferencias, visitas e outras cousas, pero penso que o aspecto político do traballo na Oficina é fundamental.
Semella que hai unha grande dose de traballo voluntario na Oficina
Na oficina hai oito empregados pero por toda europa hai polo menos outras cincuenta persoas traballando voluntariamente para a organización. A Oficina conta con financiamento da Unión Europea e ten pequenos apoios dalgúns gobernos da Unión, e de gobernos rexionais.
¿Como ve a situación das linguas dentro do Estado Español?
A situación en España é única. Hai situacións diferentes en diferentes Estados. Nalgúns casos as linguas teñen un recoñecemento moi alto, como é o caso de Cataluña, Baleares, País Vasco ou Galicia, e onde se traballa moito por elas. Poida que os resultados non sexan os mesmos en todos os lugares, pero penso que os gobernos destas catro comunidades teñen unha política moi forte sobre linguas. E despois hai outras comunidades onde o número de falantes é inferior e hai problemas de identidade. É o caso da Comunidade Valenciana, que me gusta moito porque eu traballei alí un verán hai uns trinta anos, pero non saben se lingua é catalán ou valenciano. E iso é unha crise de identidade, e se hai unha crise deste tipo non se pode desenvolver a lingua porque a lingua é parte da identidade. Logo está o problema de Navarra onde o goberno da rexión ten unha política que non é moi favorable ó desenvolvemento da lingua vasca. Hai unha política estática que recoñece a existencia do vasco, pero non fai nada por desenvolvelo. Penso que dentro do Estado Español aínda hai un problema de relación entre persoas que falan linguas diferentes dentro de certas comunidades autónomas como é o caso do País Vasco e Navarra. Pode ser porque son linguas moi diferentes e para o castelanfalantes son bastantes difíciles, o que non acontece en Cataluña ou en Galicia. Pode ser tamén pola tradición ou pola historia, pero semella que o problema é demasiado político, e cando o problema é demasiado político todo é máis difícil.