O Clúster Audiovisual reelixe a Jorge Algora como presidente

No programa da Directiva está o impulso á creación da Galicia Film Commission e do Observatorio do Audiovisual Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas Culturais
Compartir:
Reunión do Clúster Audiovisual Galego. Foto de Arquivo

Reunión do Clúster Audiovisual Galego. Foto de Arquivo

O produtor e socio fundador de Adiviña Producións, Jorge Algora, foi relixido por unanimidade presidente do Clúster Audiovisual Galego para os próximos tres anos na Asemblea Xeral Extraordinaria de socios que celebrou a entidade o venres 15 de maio de maneira telemática. A Asemblea, que representa a cae 40 compañías do sector, tamén ratificou os membros que integran a nova Xunta Directiva para este novo período. Entre os retos declarados a curto e medio prazo da directiva está impulsar os contidos dixitais, a través dunha maior interrelación entre contidos e tecnoloxía, e integrar como socios colaboradores a asociacións e colectivos sectoriais co obxectivo de formular propostas conxuntas ante a administración que redunden no beneficio do audiovisual galego. Tamén está nos planes do organismo promover a posta en marcha da Galicia Film Commission, así como a creación do Observatorio do Audiovisual Galego, que facilite datos actualizados da industria, entre outros.

A Xunta Directiva deseñada por Jorge Algora para este mandato inclúe unha nova vicepresidencia de contidos dixitais e unha nova vogalía para a elaboración do plan de posta en marcha da film commission galega. O equipo directivo está composto por 10 persoas, entre as que hai tres incorporacións novas. Xunto ao presidente Jorge Algora, conforman a directiva tres vicepresidentes: Juan de Dios Serrano, de Agallas Films, que ostenta tamén o cargo de tesoureiro; Miguel Conde, de Congo Producciones , e entra na xunta Manuel Meijide, de Mundos Digitales. O cargo de secretaria e xerente do Clúster seguirá sendo desempeñado por Mar Varela. Continúan como vogais Julio Casal, de Ficción Producciones; Margarita Soilán, de Servizos Audiovisuais da Deputación de Lugo, e Aquilino Abeal, de Aeromedia, e incorpóranse Alberto Domínguez, de CTV, e Óscar González, do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Algora, Asociacións, Tecnoloxía, Miguel Conde...

Claves

Entidades
Lugares