Os foros #aculturasegue reflexionan sobre o impacto da pandemia no traballo cultural

A USC inicia un ciclo de conversas entre a arte e a ciencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Os foros #aculturasegue reflexionan sobre o impacto da pandemia no traballo cultural

A Consellería de Cultura anunciou onte o inicio dos foros #aculturasegue, encontros entre profesionais ao redor dos desafíos que supón para a cultura a pandemia da Covid-19. O primeiro realizarase este venres 15 de maio, a través dun webinario gratuíto que se celebrará ás 18 horas. Nel participarán Olga Sevillano, responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía en Madrid, e Manuel Gago, coordinador de proxectos dixitais do Consello da Cultura Galega e director de culturagalega.gal, conducidos por Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 21. O encontro xirará ao redor dos desafíos que están a supor o novo escenario da pandemia na produción de contidos e servizos dixitais e os cambios de hábitos no consumo da cultura dixital. Por outra banda, o Instituto de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago inicia o seu ciclo "Transfronteirizas: conversas de arte e ciencia", nas que reunirá a científicos con creadores culturais en reflexións que fagan converxer as artes e as humanidades coas ciencias experimentais. Os primeiros participantes serán a escritora Rosa Montero e o físico José Edelstein. A conversa será mañá 15 de maio ás 20:00 a través de Youtube.

Directo de "Transfronteirizas: conversas de arte e ciencia"
(15 de maio ás 20:00 h.)

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, USC, Manuel Gago, Xacobeo...