A TVG2 emitirá a ópera A amnesia de Clio

A montaxe de Voadora poderá verse na noite do 16 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A TVG2 emitirá a ópera A amnesia de Clio

A amnesia de Clio, ópera da compañía Voadora que chegou ás táboas o pasado mes de novembro, terá a súa estrea televisiva este 16 de maio. A segunda canle da TVG programa para as 22:45 horas unha emisión da obra composta por Fernando Buide sobre texto de Fernando Epelde, dirección escénica de Marta Pazos e Paul Daniel na dirección musical. Para o día 17, cara á media noite está prevista unha redifusión da montaxe que Voadora coproduciu co Consorcio da Música de Santiago, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

A compañía convida aos espectadores a vivir esta estrea televisiva preparándose como se fose un eento ao vivo en sala, e anima a compartir imaxes da experiencia do visionado compartindo nas redes sociais imaxes co cancelo #AMiñaNoiteNaÓpera.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Voadora, Ópera, TVG, Marta Pazos...