A compañía teatral Voadora iniciou xa os traballos previos do que será unha ambiciosa produción da súa primeira ópera, que se fará coa Real Filharmonía de Galicia. A Amnesia de Clío se estreará en novembro do vindeiro ano 2019 composta por Fernando Buide, con libreto de Fernando Epelde, dirección de escena de Marta Pazos e dirección musical de Paul Daniel. En rpincipio Santiago e Vigo acollerán esta produción. Segundo avanza a Erregueté-Revista Galega de Teatro A Amnesia de Clío estruturarase en tres actos e terá sobre unha hora e media de duración. O rol principal da obra será o dunha personaxe real, Cicciolina, nome artístico de Ilona Staller, estrela do cine porno nos anos oitenta que chegou a desenvolver unha carreira na política italiana e que foi celebrada como musa da arte contemporánea despois de casar co artista Jeff Koons. O antagonista, por outra banda, será o ex presidente dos Estados Unidos George W. Bush. Xunto con algúns secundarios, armarán unha pequena distopía escrita en clave feminista. Compositor e libretista compartiron algúns destes detalles da ópera onte nas Xornadas de Música Contemporánea de Compostela.
Voadora fará unha produción operística orixinal en 2019 coa Filharmonía
'A amnesia de Clío' está composta por Fernando Buide sobre libreto de Fernando Epelde
21 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares



