Ilustración de Denis Galocha para as reportaxes galardoadas. ProPublica
Os afamados premios Pulitzer, que recoñecen anualmente os mellores traballos xornalísticos, literarios e artísticos de Estados Unidos contan nesta edición con representación galega. O galardón na categoría "National Reporting" foi para a serie de reportaxes Disaster in the Pacific. Death and Neglect in the 7th Fleet que publicou a axencia ProPublica sobre as colisións entre buques da armada estadounidense no Pacífico. Na mesma, o ilustrador compostelán Denís Galocha e o infografista coruñés Xaquín GV correron coa parte gráfica do proxecto, que contou con animacións e modelos 3D e con ilustracións para explicar as traxectorias das naves e reconstruír o proceso de evacuación das mesmas.




