A editora estadounidense IDW continúa a confiar no traballo do vigués Alex Cal para se encargar da súa serie de cómic G.I. Joe. Desta volta, Cal corre co groso da parte gráfica da saga Cobra Command un crossover entre todas as series deste universo que fica inserida na serie principal do mesmo. En total serán sete números, dos que Cal corre co debuxo e entintado do 4, 5 e 6, que sairán en xaneiro, e mais do 10, que se publicará en febreiro, sempre en Estados Unidos. Nos outros dous números previstos para os primeiros meses de 2012, o galego encargarase de story boards e bosquexos, sendo Beni Lobel responsable da arte final.