Alex Cal segue a bo ritmo a súa carreira en Estados Unidos

O autor vigués leva publicadas dez obras no que vai de ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Cobra Command 7

Capa de Cobra Command 7

A colaboración que o debuxante vigués Alex Cal realiza coa editora estadounidense IDW continúa a un intenso ritmo. Desde que comezou 2012 o autor participou en 10 títulos do crossover Cobra Command, que afecta a varias series do universo G.I. Joe. Se en anteriores novas dábamos conta da súa colaboración ata o número 6 de esta saga, agora confírmase a participación do galego na continuación da mesma, que se distribúe entre as cabeceiras G.I. Joe, Cobra e Snake Eyes. Se nos 4 primeiros números e mais no 7 correu con todo o labor de debuxo e entintado, no 5 e 6 contou coa colaboración de Beni Lobel, quen traballou sobre os seus bosquexos, e nos números 8 e 9, que sairán este mes, encárgase de 11 páxinas de xeito íntegro cubrindo Lobel o remate doutras 12 en cada en cada entrega.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estados Unidos, Debuxo, Lingua galega

Claves

Lugares