A RAG reúne os seus contidos en Galiciana

Ofrece acceso específico aos fondos da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Real Academia Galega vén de estrear micrositio no interior da plataforma de dixitalización Galiciana, que concentra unha parte importante das dixitalizacións de patrimonio documental e bibliográfico das institucións galegas. Aínda que os fondos xa estaban previamente dixitalizados, o novo acceso permite achegarse de maneira máis doada a "800 libros e folletos do século XIX", un conxunto de textos que suman máis de 120.000 páxinas e nos que se atopan os títulos fundacionais da literatura e da cultura en galego.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galiciana, Documental, Literatura, Real Academia Galega