O CCG reúne nun especial as novidades en intervencións sobre patrimonio cultural nos últimos anos

Resultados de campañas arqueolóxicas, restauracións ou investigación entre os contidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A relevancia da explotación do sal na Galicia da Antigüidade, as novidades nas intervencións arqueolóxicas dos últimos anos, a complexidade na restauración de espazos emblemáticos do noso patrimonio inmoble, foron obxecto de debates desde que en 2015 o CCG iniciara os "Encontros monográficos co patrimonio cultural". Desta volta, por mor do confinamento, o Consello agrupou as preto de trinta xornadas en oito bloques que permiten acceder en liña ao arquivo de conferencias e mesas redondas protagonizadas polos expertos que estudan ou levaron a cabo as intervencións arqueolóxicos. A semana pasada publicouse a xornadas sobre as salinas romanas de Vigo e o sur de Galicia celebradas en marzo de 2019 e hoxe fixéronse visibles oito encontros de presentación de resultados de intervencións arqueolóxicas e de restauración.

.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Minius número 29

Quiosco: Minius número 29

A revista presenta os resultados das intervencións arqueolóxicas en Ons e Castrelo de Miño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Consello da Cultura Galega

Claves

Lugares