A celebrar o Día da Danza neste período de confinamento, a compañía TrasPediante e mais a Universidade de Vigo presentan un programa que se celebrará nas redes. A coincidir coa efeméride, este 29 de abril desenvolverase a través da plataforma zoom "dúas clases abertas, dúas pequenas performances e unha contextualización teórica", segundo recolle Erregueté. Unha práctica de meditación e ioga, unha introdución á danza africana e unha clase de "Búsqueda de movemento" a cargo de Paula Quintas inician a xornada a partir das 17 horas. A estas propostas seguirán a lectura do manifesto do Día da Danza, a presentación do proxecto FÔRE FARE (Danza e Percusión da África do Oeste) e un relatorio sobre as novidades do Arquivo Online da Danza Contemporánea. Para rematar, unha performance a cargo de Danza Alfaia e unha actuación do laboratorio de danza da Universidade de Vigo co proxecto Doutras fecharán a iniciativa.