Traballar conxuntamente co sector na creación dunha marca propia do audiovisual da provincia, e instar ás administracións competentes como a Xunta de Galicia para o deseño dun Plan Estratéxico, foron compromisos anunciados pola Deputación de Pontevedra na primeira reunión que, de forma telemática, mantivo a presidenta Carmela Silva cos representantes da Asociación Proxecta, que agrupa aos principais festivais de cine da provincia e do resto de Galicia. A presidenta coincidiu cos portavoces da Asociación na necesidade de deseñar un novo modelo que estimule a colaboración público-privada, pero tamén a relación pública-pública cun maior entendemento entre as administracións á hora de elaborar guÃas, protocolos de actuación, ou no deseño dun plan estratéxico que se elabore pola Xunta de Galicia e no que participarÃa o sector e o resto das administracións como as Deputacións. Carmela Silva tamén anunciou que "se traballará na maior flexibilización posible das bases das axudas", aÃnda que tamén concordou co sector en que "temos que poñer a cabeza a pensar en como reorientar ou reinventar algúns dos eventos que poidan verse afectados". Neste senso defendeu a harmonización das subvencións culturais, cunhas bases similares entre tódalas administracións, "para que todos saibamos como e onde nos movemos". Amais, transmitiu que a institución poderá realizar o anticipo do 50% das axudas que se soliciten, e que no caso de que algún dos festivais non se poda facer será a Deputación quen financie os gastos feitos. Tamén, en canto o requisito do número de anos consecutivos para poder acceder ás achegas do vindeiro ano, o ano 2020 non será contabilizado. Igualmente, a presidenta confirmou que avaliará xunto aos concellos a posibilidade de implementar medidas que poidan ser esixidas nos futuros protocolos de seguridade, desinfección ou hixiene nos recintos dos festivais.
Respecto á creación dunha marca propia do audiovisual para os festivais da provincia, suporÃa, segundo a Deputación, en incluÃr aos festivais de cine no relato provincial como "un potente instrumento que supón crecemento económico, emprego e unha diferenciación da nosa provincia", sinalou a presidenta comprometéndose a avanzar no novo instrumento de colaboración co sector, unha estrutura de traballo, que sirva ao desenvolvemento do sector na provincia. Nese senso, a presidenta confirmou que a Deputación seguirá ao lado do sector nesta crise sociosanitaria causada pola pandemia de Covid19, que mantén moitas incertezas respecto á celebración destes eventos. Por iso, avanzou que "faremos todos os esforzos para que os festivais de cine poidan celebrarse", comprometeu que a financiación vaise manter, e animou ás promotoras a que soliciten as axudas cuxo prazo xa está aberto e que se fará efectivo unha vez se levante o Estado de Alarma. "A cultura ten que ser un sector estratéxico na saÃda da crise e temos que axudar a manter as estruturas culturais".