A Deputación de Pontevedra realiza un inventario dos recursos patrimoniais da provincia

Quere facer un gran plan de recuperación de patrimonio

10/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Deputación de Pontevedra está a realizar un inventario dos recursos patrimoniais da provincia co obxectivo de pactar e estudar coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia as actuacións que se teñen que realizar e acordar cos concellos a recuperación e rehabilitación dos mesmos. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, incidiu en que "a provincia de Pontevedra conta cun excelente patrimonio cultural que temos que recuperar" e cre que potenciando a súa recuperación xéranse perspectivas de emprego para o alumnado da Escola de Cantería de Poio. Dende o seu punto de vista, todas as administracións, pero sobre todo o Goberno e a Xunta de Galicia por ser os que teñen competencias na materia "deben outorgar os recursos suficientes para coidar o patrimonio".

"É fundamental que todas as administracións nos sentemos para facer un gran plan de recuperación do noso patrimonio que nos permita rehabilitalo e recuperalo", indicou Carmela Silva durante a inauguración este luns do curso académico 2015-2016 da Escola de Cantería.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, Xunta de Galicia...