Cun comunicado informou e expresou hoxe o seu pesar a Real Academia Galega ante o falecemento de Luz Pozo Garza aos 97 anos (Ribadeo, 192 - A Coruña, 2020) A decana da poesía galega, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio formaba parte da RAG dende 1950, cando con só 28 anos foi nomeada membro correspondente, e dende 1996 era académica de número. Segundo lembran na RAG, a súa era "unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. O amor e a sensualidade foron dúas constantes na súa obra, caracterizada por un fondo lirismo e o diálogo intertextual íntimo coa tradición poética galega e universal. A luz como elemento simbólico central é outro sinal de identidade dunha autora que nunca deixou de escribir". En 2019 publicou o seu último libro, Pazo de Tor, un libro de homenaxe ás raíces familiares pola vía materna. Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega tamén lamentaron a dolorosa perda da poeta, Socia de Honra desde 2001, cando recibiu a Letra E da entidade, e que ademais foi proposta ao longo de todos estes anos desde a AELG como candidata ao Premio Nobel de Literatura. Na asociación de creadores lembran da autora "a intensidade do seu magnetismo poético, que trasladou tamén á súa produción ensaística e dramática, atravesa a súa vida e obra cun fulgor unanimemente recoñecido, sendo unha das primeiras mulleres que abriu camiños, desde a posguerra, no corpus literario galego e que, atenta ás novas promocións líricas, conseguiu ser un referente para todas as xeracións".
O Consello da Cultura Galega tamén lembra A Luz Pozo
O Consello da Cultura Galega tamén lamentou cun comunicado a perda de Pozo Garza e "voz fundamental da poesía galega" e lembra a súa traxectoria de preto de setenta anos de literatura na que desde o CCG destacan libros fundamentais para a poesía galega como Códice Calixtino, Deter o día cunha flor ou Rosa Tántrica. No marco da actividade do Consello da Cultura Galega, Luz Pozo participou en diferentes encontros, nos que destaca o libro disco Cantares para Rosalía. Nove poetas galegas dialogan cos seus versos. Recentemente, o CCG promoveu un bloque de poesía galega na revista Asymptote, un espazo web de referencia en literatura inglesa, no que figuraba a poeta.
Lecturas de Luz Pozo Garza para o volume do CCG Poetas e Narradores nas súas voces