A empresa pontevedresa PlayPlan Xestión Cultural é unha das tres que organizan o primeiro encontro dixital de festivais no marco de incerteza actual para un sector tan economicamente relevante nas industrias culturais. Entre a tarde de hoxe, luns e o vindeiro 24 de abril terá lugar este Music Fest Meeting do sectro do ocio musical nacional einternacional nun entorno virtual o programa de encontros e charlas polo cal profesionais en representación de máis de trinta de festivais de todo o Estado confrontarán ideas, problemas e solucións para o futuro. Por parte das industrias culturais galegas están representados no programa festivais como SonRÃas Baixas, Festival Sinsal Son, 17ºRibeira Sacra, Culturgal e a Asociación de Festivais de Galicia, ademais de NoComún. Esta primeira edición do Music Fest Meeting, está promovida por IDASFEST, PlayPlan e Enterticket e será retransmitida en directo por YouTube, o evento virtual, organÃzase arredor de 2 mesas redondas diarias entre as 18:00h.e as 20:00 h., e tratará temas como o fenómeno dos concertos en streaming, asà como dúas mesas redondas especÃficas dedicadas á figura do promotor de festivais. O acceso e rexistro é de balde e aberto para calquera interesado na industria.
Apoio da Deputación de Pontevedra a RÃas Baixas Fest
Segundo recollen os medios locais a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, expresou en rolda de prensa telemática a súa intención de manter todo o apoio ao programa de patrocinio de festivais da provincia RÃas Baixas Fests (O Marisquiño, Portamérica, Atlantic Fest, Sinsal, SonrÃas, Vive Nigrán, Revenidas) asà como ao circuÃto de festivais audiovisuais. Con esa intención Carmela Silva manterá durante esta semana reunións telemáticas cos organizadores dos festivais de música e de cinema. "Eles teñen moitas ideas de como reinventarse e eu quero escoitalos para que iso sexa posible" e adiantou que "este ano non se van a quedar sen recursos, iso si que o garanto". A mandataria do ente provincial apuntou a unha posible reinvención dos eventos multitudinarios, toda vez que non ve posible a curto prazo a reunión de grandes multitudes, pero augurou mellores posibilidades para o festivais cinematográficos tomando certas medidas acordes coas necesidades sanitarias.