As achegas públicas da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude a festivais musicais este ano veñen de darse a coñecer nas súas dúas variantes, establecidas este ano con diferenzas respecto aos exercicios anteriores. Dúas liñas compoñen estas polÃticas, a do patrocinio e a de subvencións. Co peso meirande posto este ano no patrocinio a través da marca FEST Galicia, esta consellerÃa inviste 270.000 euros en cinco festivais profesionais adheridos en 2024 ao selo: os xa celebrados Rompetiño Jump Festival de Porto do Son (20.000 euros), 17º Festival Ribeira Sacra (70.000 euros) en varios concellos desa zona, Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón (70.000 euros) e SonRÃas Baixas de Bueu (70.000 euros), asà como o Underfest que terá lugar o vindeiro mes de setembro en Vigo (40.000 euros).
O obxectivo desta marca da Xunta é a promoción de Galicia como destino musical baixo criterios de calidade e sustentabilidade, de xeito que os eventos que a integran reúnen segundo a Xunta unha serie de caracterÃsticas singulares e diferenciadoras como valor engadido á experiencia musical, ademais de servir de plataforma para a diversidade e a pluralidade artÃstica.
No caso da convocatoria anual de subvencións para festivais de música organizados de xeito profesional, os adxudicatarios deste ano son o FIV de Vilalba, The Wild Fest de Vigo, Caudal Fest de Lugo, Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco de Santiago de Compostela, Murallón de Son de Silleda e Ribela Fest Nature de Sarria. Os seis suman 54.050 euros en axudas que, como novidade este ano, se destinan exclusivamente á contratación artÃstica de bandas e solistas de Galicia. Con esta medida, desde a Xunta búscase favorecer a participación da música galega en citas consideradas estratéxicas para o sector.
Apoio á programación en salas
Ademais diso A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta (AGADIC) ven de facer pública a resolución da concesión de axudas para a Rede Galega de Música ao Vivo. Esta liña, pensada para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privades, repartirá case 140.000 entre este ano e o seguinte en cinco salas espalladas por toda a comunidade: Sala Laroom de Ferrol (30.000 euros); A Arca da Noe, en Vilar de Santos (22.650 euros); A Pousada, de Boiro (27.300 euros); Sala Clavicémbalo de Lugo (30.000 euros); Pub Gatos, de Melide (30.000 euros).