Oito festivais de outras tantas empresas conforman inicialmente a Asociación Empresarial Festivais de Galicia que se presentou hoxe formalmente cun acto en Santiago de Compostela. A posta en marcha desta entidade asociativa que se representará na marca Festivais de Galicia preséntase como un paso natural e de madurez nun sector que se vai profesionalizando e ve que en Galicia hai unha oportunidade de sector importante para ofrecer festivais sostibles económica e ecoloxicamente cunha oferta diferenciada e atractiva que engade valor ao entorno. A asociación é a primeira deste sector en Galicia e, segundo Luis Campos, presidente da asociación e representante de SinSal Audio, tampouco existe en España unha entidade semellante. Xabier Alonso, ex-xerente da Fundación Illa de San Simón, avogado e consultor especializado en artes e espectáculos é o xerente desta entidade sectorial que ten como obxectivos a mellora conxunta e individual destes eventos e avanzar na profesionalización para buscar solucións ás eivas que veñen detectando. Ademais do festival SinSal Son tamén están representados arestora na asociación o Atlantic Fest, Vive Nigrán, 17ºRibeira Sacra, SonRÃas Baixas, Festival de La Luz, WOS festival e Revenidas.
As oito citas representadas por estas empresas cobren unha ampla variedade musical e cultural e abarcan tamén unha gran franxa territorial no paÃs, pero aÃnda son moitos os eventos deste tipo que quedan fóra da asociación, algúns deles especialmente significativos a nivel profesional como é o caso das empresas Esmerarte e Old Navy Port, responsables de Portamérica e Resurrection Fest respectivamente e do novo festival O Son do Camiño conxuntamente. Segundo Xabier Alonso "todos foron convidados" a formar parte desta entidade conxunta pero a dÃa de hoxe só estas oito empresas deron o paso. Tamén faltan moitos pequenos festivais organizados desde asociacións culturais, que conforman unha parte importante da oferta cultural e que, segundo o xerente, son benvidas na asociación sempre que se estean a comportar dentro do mercado de acordo á lei como o resto das empresas en coherencia á máxima de profesionalidade que esta iniciativa conxunta defende e na que persegue afondar. AsÃ, nos requisitos que a asociación de empresas pon no seu web contemplase entre os requirimentos a un festival para entrar a formar parte, o estar organizado por unha empresa ou empresario con CNAE que se corresponda coa actividade de produción de espectáculos e que xa leven celebradas cando menos cinco edicións, asà como que o acceso do público se realice mediante entradas de pagamento conforme prezos de mercado. Outro requisito que apunta a un comportamento de mercado sostible é o de que o financiamento público -por medio de subvención, contrato, ou calquera outro instrumento- non supere o 25% do total do orzamento de gasto do festival.
Na procura dun sistema de medición de impacto e retorno fiable
Segundo as cifras aportadas na presentación estes oito festivais reuniron a pasado ano 75.000 persoas e supuxeron un investimento directo de un millón e medio de euros. Na presentación os representantes da asociación non quixeron falar de cifras de impacto económico de retorno nas zonas de celebración ao considerar que non hai na actualidade en aplicación sistemas de medición fiables e de uso compartido que poidan garantir datos dese tipo con veracidade. Acadar un sistema de medición útil e real que poidan usar todos os festivais é un dos obxectivos que agardan poder cumprir curto prazo. Segundo Xabier Alonso "pode ser cuestión de meses", ademais perseguirÃan tamén acadar datos de tipo cualitativo alén das cifras puramente económicas ou laborais. Para que estes eventos existan as empresas buscan superar eivas de precariedade que fagan posible un traballo profesional continuado durante todo o ano con xente contratada asegurando asà mellores niveles de calidade e excelencia aos resultados finais. Actualmente a precariedade súplese con moitas horas de traballo intensivas e moita ilusión, segundo Carlos Montilla do 17ª Ribeira Sacra, pero estas empresas entenden que a normalización e madurez empresarial pasa por lograr esa continuidade. A iniciativa asociativa pretende tamén servir como interlocutor válido, non só ante as administracións para formar parte da rede de consultas no sector cultural, se non tamén ante outros moitos sectores cuxas actividades conflúen coa celebración dos festivais, como son as relacionadas co transporte, hostalarÃa, turismo e seguridade. No caso da seguridade, e ante a entrada en vigor o 2 de xullo da Lei de Espectáculos de Galicia os asociados agardan que este sexa un dos temas que fagan que outros festivais se acheguen á asociación para resolver dúbidas ou informarse axeitadamente.
Interlocutor válido para AGADIC
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, apoio coa súa presenza a presentación da Asociación Empresarial Festivais de Galicia. En declaracións a este medio Sutil remarcou a importancia deste tipo de entidades asociativas no ámbito cultural, "as súas opinións son máis representativas sempre", dixo, "e para nós é un modo de comunicación e de implementar plans e medidas moito máis eficiente". O director de AGADIC admitiu que desde a Xunta existe unha consciencia clara sobre a importancia dos festivais de música en todos os sentidos, "non soamente cultural senón económico en xeral, tanto polos efectos directos como indirectos", declarou. No que respecta aos modelos de medición do impacto destes eventos Sutil recoñeceu que se están a contemplar diferentes opcións actualmente e que se necesita "unha información homoxénea e que poidamos presentar como ben documentada e ben fundada". A AGADIC presentou o pasado dÃa 8 a publicación , un estudo de investigación cultural que asina Fran Núñez que achega unha metodoloxÃa propia, a Avaliación 360º, aplicada ao certame porriñés e extrapolable a outros festivais e encontros culturais e que poderÃa ser o modelo a seguir agora polos festivais desta nova asociación.