A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) anunciaba este 8 de abril unha baterÃa de medidas de apoio ao sector audiovisual por mor dos efectos que está a ter sobre o mesmo a actual crise sanitaria. O web do ente recolle unha listaxe de propostas que inciden en cuestións como axilizar a adquisición de producións e pagamentos pendentes, con mecanismos como a "contratación de novos produtos audiovisuais adaptados ás novas necesidades xurdidas na sociedade galega durante o estado de alarma", un adiantamento do proceso de "selección e formalización dos contratos de apoio á produción audiovisual" ou unha moratoria para aquelas producións que viron afectado o seu desenvolvemento polo estado de alarma.
Como novidades a CRTVG anuncia "a adquisición de documentais en galego de produtoras audiovisuais que os teñan rematados, nos que a CRTVG non participara no seu momento", a apertura dun "procedemento para a selección de propostas para a contratación dun documental relacionado co momento actual COVID-19", ademais de iniciar a "selección de proxectos destinados á adaptación a televisión, mediante rodaxe en escenario, dunha obra preexistente da produción teatral galega". Un ciclo de concertos de música vÃa web "para amosar nos medios públicos galegos a creatividade contemporánea, en especial da música emerxente nos distintos xéneros" ou a "reactivación da produción musical galega para televisión e radio" no marco dos programas xa existentes son outras das propostas que se recollen no texto.