As Lousas do CCG ofrecen a voz de catro sopranos de inicios do século XX

Ofelia Nieto, Mary Isaura, Ángeles Ottein e Matilde Vázquez son as cantantes

8/4/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A soprano Ofelia Nieto.

A Colección de Lousas do CCG ofrece nunha nova entrega de dixitalizacións catro voces de mulleres. Son
Matilde Vázquez (1905-1992), as irmás Ofelia Nieto (1900-1931) e Ángeles Ottein (1895-1981), xunto con Isaura Villaoz Pereiras, coñecida artisticamente como "Mary Isaura". As catro eran moi coñecidas sopranos da época e formaron parte do elenco de representacións operísticas ou zarzuelas de importancia ao longo de todo o mundo. Na escolma que ofrece o Arquivo Sonoro de Galicia podemos atoparnos rexistros de de dúas pezas da óperas "Maruxa" e "Don Gil de Alcalá", así como das zarzuelas "Margaritiña", "Los flamencos" ou "El rey que rabió", entre moitas outras.

Escoita Maruxa. Dúo De Rosa Y Rufo. I Acto (1914).


O teu navegador non soporta compoñentes de audio.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Arquivo Sonoro de Galicia, Consello da Cultura Galega