"La Meiga" , "Maruxa", "Los Gavilanes", "Los Claveles", "La del Soto del Parral" son algunhas das zarzuelas que se poden escoitar na nova entrega do proxecto “Lousas”. Esta proposta do Consello da Cultura Galega pon na rede o patrimonio sonoro rexistrado en pedra que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia. Nesta ocasión súbense 18 novos rexistros entre os que se poderá escoitar a soprano estradense Mary Isaura, ou pezas dos coros: Aires d’a Terra de Pontevedra e de Coral de ruada de Ourense.
A sétima entrega do proxecto Lousas permite coñecer unha variada selección de zarzuelas compostas, interpretadas ou ambientadas en Galicia. Nas novas lousas pódese escoitar "La del Soto del Parral", obra composta por Reveriano Soutullo e Juan Vert e estreada en 1927; a zarzuela "La Meiga", drama rural que está ambientada na Galicia de finais do XIX; ou “Los Claveles”, obra composta por José Serrano con libreto de L. Fernández Sevilla e A. C. Carreño que conta coa interpretación da soprano cambadesa Matilde Vázquez no papel protagonista de Rosa.
Nesta ocasión destaca o célebre tango "Galleguita" (1924), convertido nun sÃmbolo musical da emigración galega, con música de H. Pettorossi e letra de A. Navarrine. Aquà ofrécese unha interpretación de Fortunio Bonanova, barÃtono mallorquino, que desenvolve unha intensa carreira por México e Estados Unidos, tamén como actor. Esta gravación de Nova York forma parte das moitas que fai por mor do contrato da Columbia Company para "impresionar" discos. Como curiosidade, Bonanova é Matisti, o profesor de canto de "Ciudadano Kane" (Orson Welles, 1941).