O Galpón Market convida a coñecer artistas emerxentes desde o fogar

A iniciativa pontevedresa celebra sábado 11 a súa primeira edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Galpón Market convida a coñecer artistas emerxentes desde o fogar

A asociación Pontevedresa Galpón Lab súmase ás iniciativas para dar a coñecer o traballo de artistas do país a través das redes durante o período de confinamento. O vindeiro sábado 11 de abril desenvólvese a primeira xeira do Galpón Market, un programa que ás seis e media da tarde reunirá media ducia de creadoras e creadores emerxentes. A través dun directo de Instagram, os protagonistas do evento amosarán en que proxectos están metidos e como están a vivir esta temporada de illamento. O proxecto ten aberta a fase de inscrición para as persoas interesadas en dar a coñecer o seu traballo.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instagram, Medios de comunicación