Dous novos festivais achegan letras e música ao confinamento

Desde Pontevedra arrinca hoxe o Ánimofest mentres en Lugo organizan o EscapARTE Fest

Desde Pontevedra arrinca hoxe o Ánimofest mentres en Lugo organizan o EscapARTE Fest<br />
As iniciativas para achegar cultura ás casas neste tempo de illamento domiciliario continúan a abrollar por todo o país. A coincidir co comezo do mes, este 1 de abril botan a andar dous novos festivais. Desde Pontevedra o ÁnimoFest achegará desde as sete e media da tarde e ata o vindeiro día 5 música, literatura e humor a través das redes. Agustín Leirós, Daniel Trinta, Rivoira, Giulia Blanco, Maru Campos, Gonzalo Arca,Javi Pascual – Skirl, Rodrigo Rey, Albiusblack e Andrea Solinho son os nomes que participan cada tarde ao encontro ata venres. Para a fin de semana Carmen Penim, Chris Buckley, Laura Cruxeiras, Sinxelamente Marcos e Daniel Gómez, sábado, Queco Lago, Alberto Mvundi, Cheyenne, Miguel Alberte e a sesión dj de Discoteca A Lúa completan o cartel do evento.



En Lugo, pola súa banda, logo do éxito da primeira edición dedicada á música, o EscapARTE Fest inicia este día 1 unha segunda xeira centrada no ámbito literario. A partir das 21 horas Abraham Pérez, Ánxela Gracián, Abril Irigaray, Alma Selene, Carmen Conde, Gema López, Jordi Cicely, Lois Pérez, Madaly, María Roja, Minerva Varela, Pablo Veiga, Pepe Saavedra, Randi Estrago, Soledad Gil, Toño Núñez, Xerardo Quintiá, Xiana Arias e Berio Molina participarán deste evento a partillar "contos, poesías, relatos e outras aventuras literarias da súa autoría ou de referentes que teñan na súa vida".