A Filmoteca de Galicia, na Coruña, acolle este sábado 15 de abril unha xornada promocional e formativa do programa interautonómico Corten. Esta proposta, que celebra a súa primeira edición, pretende dar a coñecer a produción audiovisual en formato curtametraxe de Asturias, Cantabria, Navarra e PaÃs Vasco canda á galega.
A sesión de sábado inclúe varios encontros formativos sobre financiamento e subvencións neste campo ademais dun relatorio do premiado ilustrador e director Alberto Vázquez sobre Como transformar a túa curta nunha longa. Pola tarde, a actividade céntrase na proxección de curtametraxes seguida do coloquio cos seus autores. AsÃ, poderán coñecerse as producións galegas Só as árbores coñecen o son das balas, de Rebeca Lar; A rabia, de Alberto DÃaz; Lique, de Anita Pico, e O niño dos paxaros, de LucÃa Estévez.
O encontro finalizará coa exhibición dunha escolma de curtas en representación dos catálogos do resto das comunidades do programa. San Simón '62, de Irati Gorostidi e Mirari Echávarri (Navarra); Manual de la siega, de Samuel Ferrandi (Asturias); Cosas que no van a morir, de Manuela Gutiérrez Arrieta (Cantabria), e Lanbroa, de Ana Serna (PaÃs Vasco), compoñen a selección.