A Cidade da Cultura inicia unha programación infantil para o confinamento

Aventuras no monte das artes propón actividades e retos para público familiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
A Cidade da Cultura inicia unha programación infantil para o confinamento

A se sumar á achega de contidos culturais para o confinamento, a Cidade da Cultura acaba de presentar Aventuras no monte das artes "unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos". A iniciativa propón axudar á "Raposa Fedella" a resolver retos relacionados con contidos presentes no Gaiás, adaptados para público de educación primaria. Como primeira proposta, o programa convida a investigar arredor do cadro O paraíso terreal, de Pieter Brueghel 'O Novo' ou a Biblia Kennicott, pezas da exposición Galicia, un relato no mundo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Biblia, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares