Desde o comezo da situación de emerxencia causada polo Coronavirus COVID-19 foron moitas as voces das industrias culturais que fixeron públicas as súas demandas á administración autonómica de cara a presentar accións de axuda especÃficas para a catástrofe económica causada no mundo da cultura profesional. Por medio dun comunicado de prensa o departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ven de anunciar que está a preparar un amplo paquete de medidas especÃficas dirixidas a paliar os efectos da crise no sector cultural galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas e estimular o consumo cultural ao remate do actual estado de alarma. No seu comunicado A Xunta de Galicia declárase "plenamente consciente" da especial situación pola que atravesa o sector cultural galego, ao que lle recoñece, ademais, o seu esforzo, talento e capacidade creativa, "tal como se está poñendo estes dÃas de manifesto cos contidos verquidos nas distintas redes sociais e plataformas web de xeito accesible a todo o público".
Entre os programas actualmente en proceso de elaboración, reforzarase a orientación do Xacobeo 2021 como ferramenta de recuperación económica e produtiva do tecido propio, como viñeron pedindo estas semanas insistentemente os axentes culturais de todos os sectores e tamén a Deputación Provincial da Coruña. A ConsellerÃa de Cultura informou xa no Consello da Xunta da reestruturación dos seus créditos orzamentarios co obxectivo acometer as medidas precisas para axudar na reactivación deste sector produtivo. A previsión orzamentaria, segundo din no comunicado, alcanza os 25M€ para o conxunto do Departamento autonómico e centrarase prioritariamente no mantemento do emprego. En concreto, trabállase no desenvolvemento de accións centradas no fomento do consumo cultural: o estÃmulo, a través dun incremento na dotación, das redes profesionais de distribución de espectáculos, e a creación ou adaptación de liñas de axudas para fortalecer tanto a distribución interior como a produción cultural galega.
Con estes eixos de acción como guÃa haberá que agardar ata o remate do estado de alarma para que a ConsellerÃa os perfile en función do xeito no que evolucione a emerxencia sanitaria. O departamento dirixido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez terá en conta a estrutura do gasto público en cultura no conxunto de Galicia, polo cal se propoñen levar estes plans a cabo en colaboración coas entidades locais. Tanto o conselleiro como os responsable dos distintos departamentos da ConsellerÃa están a manter reunións ou contactos directos este dÃas coas principais institucións e entidades profesionais do sector cultural do paÃs. O Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario xa plasmaron a súa vontade de traballar conxuntamente co goberno autonómico pola cultura e as industrias creativas galegas.
Axilidade nos pagamentos
Nesta dinámica, estanse a recabar todas as achegas para planificar a reactivación e o impulso das industrias culturais e creativas na Comunidade, ao tempo que se está a dar resposta axilizando xa todos os pagamentos de actividades realizadas no que vai de ano. De feito, a tramitación administrativa desenvólvese con normalidade a través do sistema de teletraballo habilitado pola Xunta. Nestes momentos, estanse a priorizar os pagamentos tanto de subvencións adxudicadas como de facturas. Ademais, a Xunta facilitará ao máximo as xestións económicas e administrativas dos sectores culturais para axudar nas cuestións vinculadas a prazos, documentacións requiridas ou na posibilidade de reprogramar todas as actividades que tiveron que ser suspendidas.