Falece o investigador e crítico musical coruñés Julio Andrade Malde

O pasamento producíase na madrugada do sábado aos 80 anos de idade

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Decano da crítica musical galega e destacado investigador, a madrugada deste sábado falecía Julio Andrade Malde aos oitenta anos de idade e afectado pola COVID-19. Andrade foi pioneiro na publicación de críticas musicais no noso país e colaborou con publicacións de renome como Scherzo ou Ritmo ademais de diferentes xornais. Desenvolveu tamén traballos como Andrés Gaos, el gallego errante ou La Banda Municipal de A Coruña y la vida musical de la ciudad. Como compositor, adaptou poemas de Xosé Díaz Xácome, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez e realizou unha harmonización e orquestración do Himno Galego de Pascual Veiga.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Eduardo Pondal, Covid...