Falece aos 92 anos o músico e mestre de músicos Xosé España

O boirense tivo especial importancia no ensino na comarca do Barbanza e en varias bandas municipais

| Santiago/ S. Montes | Seccións: MúsicaNecrolóxicas
Compartir:
Captura do documental 'Xosé España, músico do pobo'

Captura do documental 'Xosé España, músico do pobo'

O músico e Mestre de músicos Xosé Ramón España, nacido en 1928 en Beado (Boiro) deixou fonda pegada no Barbanza ao longo da súa vida que ven de chegar á súa fin, onte martes aos 92 anos de idade. Clarinetista con percorrido por varias bandas municipais, en Santiago como Músico e dirixindo as de Boiro, Negreira, Ordes, Santa Comba, Mazaricos e Rianxo. Xosé España foi mestre no conservatorio de Caracas (Venexuela) e posteriormente seguiu en Galicia con esta tarefa vocacional para centos de rapaces a través da banda infantil de Taragoña, onde foi un dos primeiros profesores da comarca do Barbanza e algún dos seus alumnos seguen hoxe en día o camiño da profesión musical. España foi tamén compositor e creou o grupo de música antiga Menestreis, co que actuou en xiras dentro e fóra de Galicia. A Asociación Cultural Barbantia rendeulle unha homenaxe o ano 2009 outorgándolle o premio Barbantia á traxectoria cultural no Barbanza pola súa contribución. Xesús Suárez Ares dirixiu en 2014 unha curtametraxe biográfica independente sobre o seu Mestre, Xosé España, un músico do pobo. Hoxe son moitos os músico barbanzáns e de outras bandas polas que pasou que lamentan o pasamento do mestre boirense que deixou a súa pegada neles.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Barbantia, Boiro, Ensino...