Cineuropa 2000 estrea o documental "Pasolini un poeta na praia"

Estrea... de cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

"Pasolini, un poeta na praia" mestura realidade e ficción dentro da obra e vida do propio poeta. A obra presentouse onte no Auditorio de Galicia dentro do programa Cineuropa, que este ano rinde homenaxe a esta figura rupturista da creación cinematográfica.

Estrea mundial

O documental foi producido por Canal + España e supón unha mestura de documental e ficción, co que rende unha homenaxe ó director e poeta italiano. Un mérito que se enmarca dentro dentro dos programas especiais que a área de cinema de Canal + realiza na honra de figuras cinematográficas destacadas. Logo da súa presentación onte en Santiago, Canal + emitirá hoxe o documental nun especial "A noite de Pasolini", que realiza a canle privada. O guión deste documental correu a cargo de Álvaro del Amo e foi dirixido por Pite Piñas e realizado por Jorge Ortiz de Landázuri.


Homenaxe a Pasolini

Esta homenaxe coincide co 25 aniversario da morte do cineasta, que tivo lugar na madrugada do 1 de novembro na praia de Ostia en Roma. Dentro da celebración do festival Cineuropa 2000 onte proxectouse o filme Teorema de Pier Paolo Pasolini. Deste xeito, Cineuropa pretende achegar un lado descoñecido da vida do cineasta ós que gustan da obra do artista italiano.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Documental, Auditorio de Galicia...

Claves

Lugares