CREA publica no seu web 150 pezas de audiovisual galego

A asociación achega vinte estreas na rede no marco da iniciativa Audiovisual galego para unha corentena

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
CREA publica no seu web 150 pezas de audiovisual galego

Un total de 150 producións audiovisuais en libre acceso na rede. Esta é a proposta que acaba de facer a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) co lema Audiovisual galego para unha corentena. O proxecto recolle traballos das socias e socios da entidade, entre eles vinte que chegan por vez primeira a través de Internet. Dentro destas lístanse longametraxes como O segredo da Frouxeira, A pegada dos avós, Mar de terra, O equilibrio dos opostos, Contraces, 7 limbos ou La felicidad de los perros.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)