
Catro anos despois do Salve discordia (Mushroom Pillow, 2016), TAB ofrece aquà letras contundentes e directas como unha puñada na cara nas voces de RodrÃgo Caamaño ou Isa Cea, desgarradas pero probablemente con máis protagonismo que en pasados discos da banda e un feixe de efectos sonoros que chegan desde cada recuncho das cancións dan unha atmosfera particular ao disco. Malia a potencia de rock industrial do tema de apertura, Ruptura, con esa electrónica distorsionadora, o resto do disco contén pezas que baixan o ritmo ata o intimista como a seguinte No eres tú ou ese pop postpunk bailable de Vigilantes del espejo. A banda alternativa galega máis coñecida e que máis premios acumula tamén ten o seu momento synthpop progresivo nese Fukushima que acaba levándonos en espiral. Rock contundente, experimentación e máis melodÃas pop completan un traballo do quinteto do Barbanza que volve colocalos en todas as quinielas para ser un dis mellores discos do ano da escena independente estatal. As circunstancias non permiten saber cando poderemos comezar a escoitalos en directo.