Triángulo de Amor Bizarro farán en liña o primeiro concerto de presentación dun disco novo

Co apoio de SON Estrella Galicia a banda ao completo tocará este sábado en directo desde a casa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Triángulo de Amor Bizarro farán en liña o primeiro concerto de presentación dun disco novo

A banda Triángulo de Amor Bizarro, presentaba o pasado marzo o seu quinto disco, no medio do peche forzado polo Estado de Alarma. O traballo, de nome homónimo á banda dado do revés, oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow), levantara moitas expectativas e non defraudaba. Agora a banda, co soporte de SON Estrella Galicia, o proxecto musical da marca cerveceira ven de anunciar o que será o primeiro concerto regular de presentación dun disco desta etapa actual. O vindeiro sábado 16 de maio a partires das 13:00 horas poderá verse un concerto coa banda ao completo nas plataformas dixitais de SON Estrella Galicia (YouTube, Facebook, Instagram e Twitter), no que interpretarán en exclusiva e por primeira vez en directo, os temas do novo álbum. Ademais o formato ofrecerá arranxos e instrumentación diferentes aos do disco, adaptados ás características do espazo, o que fará da experiencia algo único.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estrella Galicia, Triángulo de Amor Bizarro, Instagram, Twitter...