Triángulo de Amor Bizarro celebran o seu particular Año Santo

A banda estrea nova formación e xa está en xira presentando o disco

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Triángulo de Amor Bizarro de Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) está formado por catro caras, despois da marcha do anterior batería, Julián Ulpiano, entrou no seu posto Rafael Mallo e aos teclados agora contan coa achega de Oscar Vilariño. A banda establecida no Barbanza mantense fiel aos seu particular son “ruidista” que tan boas críticas conseguiu cos seus anteriores traballos, e en Año Santo ofrecen dez novos temas para a versión editada en vinilo –un máis que no CD- e que xa está a venda desde o pasado mes de maio comezando polo avance da canción de la monarquía a la criptocracia. A banda xa está a ofrecer concertos deste traballo e xa tivo unha xira mexicana, país no que antes xa obtivera recoñecemento. Año santo é o segundo disco de cancións orixinais ademais de varias maquetas e un recompilatorio e o seu recibimento pola prensa especializada está a ser moi bo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Barbanza

Claves

Lugares