Triángulo de Amor Bizarro saca un EP para coleccionistas

O disco inclúe un tema inédito e a versión en galego dun clásico popular

24/4/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
33 lecturas | Compartido 0 veces

Capa do disco

A partir de Barca Quemada, unha das cancións máis coñecidas do seu aclamado disco Salve discordia (Mushroom Pillow, 2016), Triángulo de Amor Bizarro ven de sacar co mesmo selo un E.P. con catro temas. Ademais da mencionada Barca quemada esta novidade discográfica dos barbanzáns, inclúe tamén un tema inédito, Barco de Oro; a versión en galego do clásico popuilar saído das Bahamas The John B.Sails que teñen versionado Johnny Cash ou Beach Boys e que agora TAB nos trae co título A Cantiga de Juan C como todo unha homenaxe á súa propia terra e pechan esta pequena obra cun “cover” da canción do grupo Hidrogenesse, Vuelve conmigo a Italia. O disco públicase en formato dixital e vinilo 10”, nunha edición limitada a 500 unidades e que aparece nun momento moi celebrado para a banda tras os numerosos recoñecementos por parte da crítica especializada e premios acadados con Salve Discordia.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Italia

Claves

Lugares