Chega Salve Discordia, o agardardo retorno de Triángulo de Amor Bizarro

A banda explora novos espazos no álbum sae este 29 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chega Salve Discordia, o agardardo retorno de Triángulo de Amor Bizarro

Cun certo atraso sobre a data inicialmente prevista, finalmente é este 29 de xaneiro que ve a luz Salve Discordia. Triángulo de Amor bizarro presenta un cuarto LP no que a banda explora novos territorios, a tocar as cancións máis rápidas do seu repertorio e a evidenciar influencias que os afastan do indie máis canónico e presentan matices máis industriais. O álbum gravouse a medias entre o madrileño Estudio Uno e Planta Sónica de Vigo e desenvolveuse nunha pausa de varios meses entre xiras, o que lle permitiu ao cuarteto experimentar con novos recursos e traballar máis os temas, segundo aseguran. Mushroom Pillow é a discográfica responsable do lanzamento, do que se presentaron tres temas como adianto.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Vigo

Claves

Lugares