Nos comezos do ano lanzouse o disco Salve discordia de Triángulo de Amor Bizarro. O cuarto disco da banda presentábase con certo retraso sobre o previsto e pasou a formar parte das novidades deste 2016. Esa circunstancia e unha acollida entusiasmada da crÃtica especializada deron como resultado que o ano remata co disco encabezando ou nos máis altos postos de todas as listas do mellor do 2016 en revistas, blogs e magazines especializados no “indie”, e non é o único porque os composteláns Novedades Carminha co seu Campeones del mundo tamén consegue postos destacados en moitas destas selecións. Outros discos de Malandrómeda e Iván Ferreiro tamén acadan mencións moi destacadas incluso encabezando algún listado importante. Un éxito acadado no terreo da música indie e alternativa para estas bandas que ademais están a encher recintos continuamente nos seus concertos e xa son consideradas como bandas de culto en moitos cÃrculos.
A revista Mondosonoro, o ten claro e leva a Triángulo de Amor Bizarro na súa portada encabezando a lista de 40 discos nacionais destacados. O quinto posto será para Novedades Carminha nese caso. O de Triángulo é tamén o mellor dos mellores vinte discos nacionais para o magazine Hipersónica e igualmente para Muzikalia que inclúe tamén no décimo posto o disco de Novedades Carminha. A revista EfeEme pon na décima posición da súa lista de vinte mellores discos españois o de Novedades Carminha, no quinto posto o de TAB e inclúe no segundo posto a outro paisano, Iván Ferreiro co seu recente Casa. O álbum de Ferreiro tamén ocupa un lugar máis que destacado, o segundo novamente, na lista nacional de 40 referencias do Dod Magazine, seguido inmediatamente polo Salve Discordia de TAB e xa no 26 desa lista o Campeones del Mundo de Novedades. No blog especializado El Quinto Beatle volvemos atopar a estas tres referencias, Ferreiro no 21 dos vintecinco da lista, Novedades no oitavo lugar e o traballo de TAB como segundo mellor disco nacional. Tamén o blog de música alternativa Bianural pon o álbum de TAB no segundo posto dos vinte mellores nacionais e inclúe o disco dos composteláns na sexta mellor referencia. Pero non só na comparativa nacional estes dous traballos galegos destacan, os magazines especializados Je Ne Sais Pop e Indiespot non fan distingos entre discos nacionais e internacionais nas súas listas que inclúen referencias como os últimos discos dos finados David Bowie ou Leonard Cohen e aà tamén se acadan postos destacados para TAB que consegue o terceiro sitio na lista de 30 de Indiespot e o mesmo entre as cincuenta referencias de Je Ne Sais Pop, entre as que Novedades Carminha consegue entrar no posto 46. Compre destacar tamén o feito de que as dúas referencias discográficas que este ano sacou simultáneamente Malandrómeda co selo Matapadre - Que cada can lamba o seu carallo e Os corenta e oito nomes do inimigo- foron consideradas conxuntamente como o mellor do nacional deste ano na revista Rock de Lux, que entre os corenta e cinco álbumes que menciona tamén pon a TAB no sétimo posto. O Disco de TAB é ademais un dos dez que destaca o xornal El Periódico. Fóra xa das fronteiras, en México, onde Triángulo de Amor Bizarro goza de multitude de fans incondicionais a cuxo paÃs adoita incluÃr nas súas xiras, o seu disco foi elixido o mellor do ano para o programa da radio mexicana Mercado Negro - Ibero 90.9.