Novedades Carminha decláranse Campeones del mundo

O grupo afonda na súa vertente máis bailable no novo traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Novedades Carminha decláranse Campeones del mundo

Da man de Ernie Récords, Novedades Carminha daba a coñecer o pasado 1 de abril o seu cuarto disco. Campeones del mundo amosa un xiro na carreira do grupo, cunha aposta polos ritmos máis bailables que non deixan fóra as letras irónicas e os tons punks dos seus comezos. Mesturas de rock e de electrónica coinciden en temas como Que Dios reparta fuerte, Lento ou Chispas relax que se poden escoitar tanto en formato CD como en plataformas dixitais. O álbum gravouse nos estudios sevillanos de La Mina con Hevi, de Malandrómeda como produtor.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Novedades Carminha, Rock

Claves