Se do anterior traballo de Novedades Carminha (Campeones del mundo, 2016) xa se podÃa falar dunha aposta pola lixeireza e a música bailable, a banda compostelá afonda agora nesta liña festeira e xa vai de fronte co nome do seu quinto disco: Ultraligero (Ernie Records, 2019). Atrás quedaron aquelas posturas punk dos seus dous primeiros discos editados co selo Lixo Urbano e agora Novedades abraza o pop de xeito desprexuizado e aberto. MelodÃas bailables que certamente lles abriron a porta dos festivais e lles proporcionan cheos en moitos dos seus concertos, mesmo en recintos de aforo considerable asà como recoñecemento por parte da crÃtica independente, grazas tamén ás súas letras sempre ácidas ("blandito por dentro y chulito por fuera", cantan), iso segue a ser marca da casa. Ultraligero preséntase cos seus once temas como "un devocionario pop" e unha recompilación de “hits” na que podemos escoitar cancións que o grupo xa foi incorporando aos seus concertos e ten presentado en xeito de videoclip nos pasados dous anos, como Te quiero igual coa colaboración nas voces de Alba Galocha, Verbena, Ya no te veo con Dellafuente, ou a versión de A Santiago voy, para a que contaron con Esteban & Manuel.
Ultraligero, gravouse case integramente no Estudio La Mina de Sevilla con produción de Raúl Pérez e a propia banda (excepto Ya no te veo, que foi gravada nos Estudios Mans) e dita gravación tivo lugar en diferentes fases ao longo dun ano e medio. Novedades Carminha achegan o seu son a rexistros como o dub, a rumba, o funk-soul, a cumbia, a música disco, o chiptune, o hip-hop ou o dancehall. ConsolÃdase asà unha "marca Novedades Carminha" cuxa receita a marca un repertorio apto tanto para o coro colectivo en festivais de masas como para os bailes agarrados nas festas parroquiais. O disco xa está nas plataformas dixitais e proximamente en formato fÃsico. Inspiracións que van do máis eclécticas converten a Ultraligero no álbum que asentará indiscutiblemente a Novedades na primeira lÃña do pop máis descarado da escena independente estatal ante a que defenden que "el vivo al baile, el muerto al hoyo".