Os expertos sinalan a necesidade de mecenados repartidos e ben definidos cun marco lexislativo favorable

O CCG publica o documento de conclusións da xornada A Cultura do mecenado

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadePolíticas Culturais
Compartir:

O Consello da Cultura Galega ven de por na súa web o documento de conclusión da xornada “A cultura do mecenado”, desenvolvida o pasado febreiro. O decálogo de conclusións ou propostas que se presenta elaborado por Fran Quiroga e María Xosé Porteiro, coordinadores desta cita, incide entre outras cousas na necesidade de establecer lindes claros entre patrocinio e mecenado, que este non substitúa o papel do Estado senón que o complemente, que a Administración debe levar a cabo accións que contribúan a garantir a redistribución dos mecenados e amplíe o número de benfeitores.

As conclusións tamén instan a configurar unha folla de ruta na que se dean marcos lexislativos máis favorables ao mecenado. Outro dos puntos é a proposta de realización dun segundo encontro dirixido a buscar solución e propostas perante a próxima celebración do Xacobeo 2021. O encontro do que xurde este documento analizou o pasado 4 de febreiro a situación do mecenado en Galicia da man de representantes de institucións e organismos públicos e privados que ofrecen ou precisan este recurso. A organización, compartida polo CCG, Concomitentes e a Fundación Daniel y Nina Carasso, contou coa coordinación de Fran Quiroga e María Xosé Porteiro. Os vídeos de todas as intervencións desta cita e mais o documento de conclusións xa están dispoñibles desde a páxina web da institución.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xosé Porteiro, Consello da Cultura Galega, Xacobeo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)