Dous premios literarios e un álbum ilustrado veñen de abrir a súas convocatorias e publicar as bases para este ano. Son boas oportunidades para todos aqueles creadores que teñen que pasar este peche e teñen agora tempo que dedicar a preparar obras. O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XIIIº Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, que conta cunha dotación económica de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos finalizará o 30 de abril e a el poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade con obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica.
Xa no eido puramente literario foron dúas as convocatorias abertas estes días. Por unha banda en creación narrativa a XXVIIª edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, organizado desde o Concello do Grove. Este reputado e veterano certame conleva unha dotación de 3.000 euros para a obra gañadora e pecha o seu prazo de presentación de orixinais o vindeiro 15 de setembro. As obras deberán manexar unha extensión de entre 50 e 100 páxinas, segundo as bases. Tamén para a creación poética abriuse a recepción de orixinais no XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores ata o vindeiro 15 de setembro. Este certame convocado desde o Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, busca estimular a creación poética entre os mozos/as, polo cal un dos requisitos é que a idade non supere os trinta anos. O certame comtempla tres premios, que ademais de placa e diploma van desde os 1.500 Euros do primeiro, un segundo de 600 Euros e para o terceiro 300 Euros.