David Braña asina as BDs Monte Arruit e Mil lobos

Ema & Emo presentan a súa primeira obra autoeditada

13/3/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
30 lecturas | Compartido 0 veces

O guionista vigués David Braña continúa a súa carreira de publicacións en editoras estatais. Da man de Cascaborra Ediciones e no marco da colección "Historia De España En Viñetas", Braña asiña o argumento de Monter Arruit, un álbum con Óscar Bermejo ao debuxo no que se aborda este episodio da Guerra do Rif en 1921. Co mesmo debuxante e na editorial Nowevolution acaba de ver a luz Mil lobos, unha obra fantasía medieval onde a humanidade convive con lobishomes nunha precaria paz que ameaza con rachar.
Pola súa banda, o dúo formado por Sonia Vázquez-Díaz e Julio César Cerletti acaba de autoeditar Ema&Emo I. Cien dosis de (mal)humor, un volume que recolle unha escolma de cen cadriños dos que publican habitualmente en liña. Unha selección de anécdotas domésticas dunha parella, o seu gato e a pelusa que habita a casa.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas