Tossa del Mar acolle a presentación da BD DOS

A obra ten guión do vigués de adopción David Braña

9/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O vindeiro 16 de setembro ás sete da tarde, a sala de actos da Nau, en Tossa del Mar (Girona), acolle a presentación de DOS. Primeros Síntomas. Esta obra conta con guión de David Braña, vigués de adopción e debuxo de Hernán Fino, e está editada por Drakul. A obra xa se pode adquirir a través de Internet e chegará en breve ás librarías. Tamén acaba de abrir o web desta BD, onde pode verse un trailer da obra e mais unha preview de dez páxinas en PDF.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Guión, Debuxo, Internet

Claves

Protagonistas