Un selo, dous álbums e colaboracións en revistas son os novos proxectos de David Braña na BD

Proxectos Braña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O guionista David Braña, de orixe catalá aínda que afincado en Vigo, comeza o ano 2008 cargado de proxectos. Por unha banda, recentemente puña en marcha "Seventeen Cómics", un selo co que quere dar saída ás súas obras. Baixo este epígrafe, e en coedición coa editora catalá FXGràfic agarda editar a súa obra "Law&Co", unha historia detectivesca que sairá nun cómic-book de 40 páxinas editado a branco e negro este mesmo ano. Ao tempo, coa editora Drakul prepara para mediados de 2008 a edición do álbum "DOS", unha historia de misterio ambientada na costa catalá. Finalmente, para marzo agárdase que vexan a luz seis historias curtas da súa autoría nunha nova revista que editará tamén FXGràfic.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Cómic, Vigo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares