En marcha unha nova campaña no forte romano de Ciadella

O proxecto está dotado de 240.000 euros de investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Excavacións en Ciadella. Foto: Xunta de Galicia

Excavacións en Ciadella. Foto: Xunta de Galicia

A principios de marzo se iniciou a nova campaña arqueolóxica no forte romano de Ciadella (Sobrado dos Monxes). A campaña, que durará seis meses, combinará "investigación, novas escavacións e tarefas de conservación-restauro", segundo o director do proxecto, o arqueólogo Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. O proxecto, no que se investirán 240.000 euros, significará a escavación de novas áreas (dous edificios), xunto cun levantamento fotogramético de áreas previamente excavadas, nas que se intervirá de novo. O forte romano de Ciadella é propiedade da Xunta de Galicia e foi ocupado por unha cohorte militar a inicios do século II d.C., aínda que o lugar foi habitado cando menso ata o século XIII por sucesivas ocupacións.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Adolfo Fernández, Arqueoloxía, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia...