O Salón Teatro en Santiago acolle a estrea este xoves 12 do espectáculo O premio da compañÃa coruñesa La Quintana Teatro, en coprodución co Centro Dramático Galego, entre outras entidades. Marián Bañobre dirixe O premio a partir dun texto de Santiago Cortegoso, que levan a escena Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada, quen é candidata a mellor actriz secundaria nos Premios de Teatro MarÃa Casares por Neorretranca e posmorriña (CDG). Ideada como creación colectiva, O premio é unha comedia aceda ambientada nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a presión por lograr o éxito laboral, sentimental e social levan os cidadáns a un estado de desánimo e frustración, agravado por unha gran crise económica por mor do envellecemento da cidadanÃa. Para enfrontar esta situación, os dirixentes poñen en marcha unha insólita e popular medida: crear un reallity en directo, onde é o público quen decide que concursante merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”. A interacción cos espectadores é clave no desenvolvemento deste programa e, xa que logo, do espectáculo, no que o traballo actoral e de investigación arredor das novas formas teatrais se apoia nos vÃdeos a través dos que se comparte a vida dos protagonistas.
La Quintana regresa asà en rexime de residencia ao Salón Teatro, onde o pasado mes de outubro presentou a versión en galego de Desde lo invisible, o seu aplaudido espectáculo de debut. O CDG préstalle agora apoio económico e técnico para a súa nova montaxe, ademais de cederlle as súas instalacións para os últimos ensaios antes das catro primeiras funcións públicas, que terán lugar nos horarios habituais do espazo compostelán: xoves, venres e sábado, ás 20,30 h., e o domingo, ás 18,00 h. A compañÃa coruñesa comezou a súa traxectoria hai 12 anos co gran éxito de público e crÃtica de Desde lo invisible, Premio MAX 2008 ao mellor espectáculo revelación. O premio é o quinto espectáculo de La Quintana Teatro, para o que ademais de co apoio do CDG, conta con Escenate e Zeena Producciones na produción e co Concello de Madrid como outra das entidades coprodutoras. No equipo artÃstico e técnico, atópanse asà mesmo Marisa de Laiglesia (escenografÃa e vestiario), Javier Quintana (deseño de iluminación), Anxo Outumuro (técnico de luces), LucÃa Estévez (vÃdeo), José Luis Fraga (creación sonora) e MarÃa Moral (distribución).